CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

Achegámonos ata México, Nova York, Rotterdam, Toquio e Colombia

29/12/2015 22:15 h

Recibimos ao actor Javier Gutiérrez, gañador un Goya pola película “La Isla Mínima” e actor en series a nivel nacional. Con el falaremos do seu traballo e da súa volta a casa polo Nadal. 

A reporteira Aída Bao trae unha reportaxe dende México DF. Alí coñeceu a Maribel, unha galega que saíu cando era moi pequena de Faramontaos (Ourense) cara ao país do tequila e os mariachis. A pesar de levar tantos anos vivindo alí, non deixou de levar unha vida moi galega. De feito, adestrou o seu can na nosa lingua. Con ela percorrerán as rúas do DF e irán de cóctel. 

O superavó e a súa neta Verónica volven ao programa, pero as tornas cambian: desta volta o desplazámonos ata Curtis para darlle unha sorpresa a Manuel, que non ten ni idea de que a súa neta aparecerá pola porta da súa casa. En relación con isto, tamén falaremos cun galego asentado en Euskadi que creou un sistema para a xestión de datos e mellora de tomas de decisións estratéxicas durante as carreiras de Fórmula 1. 

VIaxamos ata Nova York, xa que na mellor axencia do mundo traballa un galego e veremos como vive coa súa avoa Preciosa. Ademáis, celebramos o aninovo de Nova Zelandia en directo cun grupo de paisanos galegos alís asentados.

Tamén descubrimos máis historias de galegos en Rotterdam, Toquio ou Colombia e saber así como han pasar este fin de ano. 

Atopar capítulo por: