CRTVG

Buscar

O país máis grande do mundo

Achegámonos ata Cuba, Finlandia, México e San Francisco

15/12/2015 22:00 h

A reporteira Aida Bao viaxa a Cuba para coñecer a Manuel Álvarez, alcumado 'O Bardo da Habana', e o seu neto Abdiel, un cativo cubano que baila a muiñeira á perfección. Visitamos o Centro Rosalía de Castro da Habana, para asistir a unha foliada de galegos e cubanos como protagonistas, e onde May de la Peña, unha profesora de baile de Nigrán, que viaxa por todo o mundo ensinando folclore galego  e que habitualmente ofrece clases de gaita por Skype a alumnos de calquera latitude.

Outro dos protagonistas en Cuba é Santiago, 'botero' cubano de ascendencia galega que conduce un típico “almedrón” e que no ofrece unha pasaxe neste vehículo dos anos 50, co que percorre a illa a diario. 

Precisamente os taxis serán outros dos protagonistas, mediante unha pequena homenaxe aos taxistas galegos polo mundo: traballadores como Antonio e Manuel, que levan practicamente toda a súa vida en Barcelona, con moitos anos de experiencia ao volante, ou Andrés Fernández, un mozo taxista do Barco de Valdeorras, que percorre diariamente co seu taxi as rúas de París. 

Coñecemos a cinco exitosos rapaces de Redondela: Pablo, José Luis, Carlos, Yerai e Mateo, futbolistas profesionais en Finlandia que lograron a heroicidade de levar á primeira división o equipo da cidade finesa de Vantaa onde xogan. Contan a súa experiencia vital neste país e como lograron o ascenso de liga.

Tamén en Finlandia, falamos con José Luis Otero, un rapaz da Illa de Arousa casado cunha finesa, que traballa alí como xefe de máquinas dun remolcador.


Imos ata México D.F., onde  coñecemos a Lorenzo Fernández, un rapaz de Santiago de Compostela que con 32 anos xa é o máximo responsable dun despacho de avogados español na capital mexicana; e en Toquio, onde reside o pontevedrés Iván Pazos, arquitecto especializado no deseño de interiores, que amosa todas as posibilidades de ocio da cidade. 

Hugo Piñón, un mozo de Valdoviño, relata a súa particular aventura percorrendo a mítica liña de ferrocarril do transiberiano, co que chegou ata Mongolia e o deserto do Gobi. 


Ademais, seremos partícipes dunha das grandes estreas, xa que falamos con Jacobo Barreiro, un vigués en San Francisco que nos achega detalles en exclusiva do filme “Stars Wars VII”, pois é o único galego que traballa nesta super produción!

Atopar capítulo por: