O país máis grande do mundo
Achegámonos ata México D.F e Londres
Temos preparada unha emocionante historia de volta á casa. Gerardo Fortes, un galego de Cerdedo que con 17 anos marchou rumbo a Portoalegre, volve agora a Galicia despois de 60 anos.
Viaxamos ata México D.F, onde coñecemos a historia de José Manuel, un galego que marchou para o distrito federal con un ano e medio, pero que fala galego e conserva as costumes como o que máis.
Vixamos con Benigno Campos, o cociñeiro máis célebre da TVG, ata Londres que leva o “Larpeiros” á capital británica e amosa como facer unha boa fabada galega para os seus paisanos a escasos metros de Hyde Park.
Dende o estudio, conectamos en directo con máis galegos espallados polo mundo: falamos coa tripulación da fragata Blas de Lezo e con outra das súas colaboradoras viaxeiras: a camioneira Katy Trailer, para saber a onde a levou a súa viaxe esta semana.