Vivir aquí
O mellor do outono
24/10/2015 15:30 h
Os reporteiros de Vivir aquí! van ata San Lucas de Mondoñedo, unha das feiras tradicionais galegas máis importantes, que ten como unha das súas citas máis destacadas a súa coñecida feira cabalar, un referente dentro e fóra da nosa comunidade.
A cociña de outono é o protagonista: coñeceremos varias receitas cos produtos estrela desta época, entre os que se atopan tamén os suculentos e potentes pratos de caza.
Para rematar, visitamos unha das opcións preferentes para o turismo nesta época: os balnearios.