Comes ou pagas?
O mar
19/01/2014 20:30 h
Nunha nova edición do programa “Comes ou Pagas”, o seu presentador, Xosé Manuel García, vaise somerxer en novos retos e novos pratos, neste caso, procedentes do mar. Por un lado, visitará o único restaurante nun faro en activo para degustar un prato moi especial.
Polo outro, no interior, en Santiago de Compostela, o presentador do espazo da TVG probará unha nova elaboración dun animal moi común nas nosas costas. Será quen García de superar os retos desta semana ou, pola contra, tocaralle pagar?