Momentos G
O libro 'A salga no Son' de Santiago Llovo desvélanos a realidade das fábricas de salgadura de sardiñas
13/09/2020 13:45 h
Seguro que lembran Mar libre, unha película para televisión, estreada aquí na TVG, que filmou o noso compañeiro Dani de la Torre e que amosaba unha imaxe que nun tempo pasado foi moi habitual nas vilas costeiras galegas, a das fábricas de salgadura de sardiñas. Aquela realidade audiovisual podémola ver agora tamén nas páxinas dun libro. Chámase A salga no Son, e o seu autor é Santiago Llovo.