CRTVG

Buscar

Momentos G

O futuro das festas e verbenas populares na nova normalidade

20/06/2020 13:50 h

Somos un país de festas, de verbenas. Agora que xa estamos no verán cóntanse por milleiros en toda a nosa xeografía. Este ano as verbenas vanse ter que adaptar, coma todo, á nova situación. Afluencia limitada e público de pé e mantendo a distancia de seguridade son algunhas das condicións que rexerán o novo protocolo, algo que lles afecta, e moito, ás orquestras que estarían xa a estas alturas en plena tempada alta. Por iso quixemos traer aquí como representación deste sector a Víctor Antón Rodríguez, que dirixe a maior oficina de orquestras en Galicia, e con Francisco Javier Saavedra, director de Los Satélites e directivo da Asociación Galega de Orquestras.

Atopar capítulo por: