CRTVG

Buscar

A vide de Cachín

O fumigado e o coidado da vide

02/02/2016 22:00 h

Na entrega desta semana, vestidos para a ocasión, Cachín, o seu fillo e Vitiño comezarán as tarefas de fumigado e os coidados das vides. Mentres tanto, a nora de Cachín pepararalles un polbo á grella.
O consello do sumiller Xoán Cannas versará esta vez sobre o que fai que un viño sexa caro ou barato. Coa cata a cegas atreverase esta semana a actriz Sonia Castelo, mentres que a enquisa na rúa tenteará o coñecemento da xente sobre a palabra socalco. Finalmente, a visita que cada semana realiza Vitiño a unha adega galega será nesta ocasión na prestixiosa finca de Emilio Rojo, produtor de Ribeiro e todo un personaxe dentro do mundo dos viños.

Atopar capítulo por: