Zigzag diario
O fotógrafo Manuel Sendón / Exposición de Anselm Kiefer / A pintora María Puertas
25/06/2013
Entrevista a Manuel Sendón, que expón, xunto a Fran Herbello, no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, as fotografías tomadas durante unha expedición polo río Verdugo e nunha travesía en piragua pola ría de Vigo. A mostra “Mil ríos” é un proxecto artístico que ten como obxectivo a recuperación da exploración directa como medio para achegarse e coñecer o territorio.
Visita no MAC da Coruña á exposición “Anselm Kiefer. Un maestro de la pintura”, unha selección de obras deste pintor e escultor alemán, referencia entre os artistas contemporáneos europeos.
No obradoiro da pintora ourensá María Puertas, que ultimamente está a centrar o seu traballo no metacrilato.