O Faro, cruce de camiños
Capítulo 418
17/02/2016 15:45 h
Iván rouboulle un bico a Sara, pero ela non reacciona como el espera. Víctor vai descubrir que Feng levaba todo este tempo informada sobre o seu negocio dos reloxos. Por outro lado, Xabier vai facer partícipe o seu irmán Gonzalo da súa conversa con Maite. Carme ten un intenso encontro con Ricardo no cárcere, pero el segue derrotado, xa que non parece que vaia recibir axuda da súa nai.