CRTVG

Buscar

O Faro

Capítulo 412

09/02/2016 15:45 h

Ricardo e Eva descobren por boca de Violeta que a doutora Soler non se presentou á declaración. Isto será crítico, xa que a doutora era a súa última esperanza. Por outro lado, Víctor segue a traballar na venda dos reloxos chineses, mentres o pai de Feng trata de investigar sobre a súa vida chamando aos Samáns. Violeta confésalle ao seu curmán Arturo a verdadeira petición que lle fixo Carme no tocante ao xuízo de Ricardo. Finalmente, Sara e Iván continúan a estreitar a súa relación e este cóntalle cales son os seus sentimentos por Carme. 

Atopar capítulo por: