O Faro, cruce de camiños
Capítulo 410
05/02/2016 15:45 h
Víctor ten unha discusión con Carme en que defende a inocencia de Ricardo. Unha vez máis, Arturo ponse do lado de Carme. Pola súa parte, Eva tratará de consolar a Ricardo, xa que é consciente de que está vivindo un momento de gran presión. Na floraría, prodúcese un conflito entre Mario e Olga, creado pola misteriosa desaparición de varios obxectos do bolso de Montse. Ademais, Ricardo ten unha xuntanza con Violeta, en que xurdirá unha nova estratexia de defensa.