O Faro, cruce de camiños
Capítulo 409
04/02/2016 15:45 h
Eva ten un grande enfado con Ricardo por causa dos celos: viuno sentado con Violeta nun parque. El defende que só era un descanso no traballo. Na sombra, Carme seguirá intentando que Eva estea cada vez máis desprazada. Por outro lado, Feng ten moitas suspicacias, xa que comeza a percibir que Víctor non está sendo transparente con ela. Iván ten un encontro con Carme en que falarán da súa relación entre eles e con Sara. Olga e Mario comparten as súas visións, totalmente opostas, sobre as ideas de negocio de Montse.