O Faro, cruce de camiños
Capítulo 408
                        
                        03/02/2016 15:45 h                        
                        
                    
                                    
                Violeta comeza a indagar na vida de Ricardo, desde moi atrás, para artellar a súa estratexia de defensa. Terá unha xuntanza con el en que comezará por preguntar como foi a súa relación con Lucía nos comezos. Por outro lado, Sara e Iván comezan a facer cábalas para montar unha “festa solidaria” en favor da ONG. Víctor vai descubrir que o negocio dos reloxos non é tan doado como pensaba nun inicio. Mentres tanto, Mario ten unha importante conversa con Gaspar, en que lle confesa que Violeta está, ademais de defendendo a Ricardo, estudando o testamento por encargo de Arturo.