O Faro, cruce de camiños
Capítulo 405
29/01/2016 15:45 h
Olga sofre un ataque de celos por culpa de Montse e Mario. Eva comunícalle a Víctor a noticia de que Ricardo está a piques de saír do cárcere. Carme, pola contra, non amosa a súa alegría por este feito e preferirá facer como se nunca pasase. Por outro lado, Xabier ten un encontro con Erea en que lle confesa os seus verdadeiros sentimentos sobre Maite. Despois, el refúxiase en Gonzalo e Erea con Sara e Luís. Finalmente, Gaspar e Arturo teñen unha forte disputa por causa do testamento.