O Faro, cruce de camiños
Capítulo 403
27/01/2016 15:45 h
A avogada Violeta vai coñecer as posibles intencións de Carme no tocante ao xuízo de Ricardo. Este, pola súa parte, quere rexeitar que Carme lle pague a fianza. No Faro, Ánxela trata de contactar con Aldo Rojas por vía telefónica. Por outro lado, Gonzalo e Xabier teñen unha forte discusión con respecto a Sara, que vai pasar uns días na súa casa. Víctor avanza no seu intento de negocio, importando reloxos intelixentes chineses de imitación.