CRTVG

Buscar

O Faro, cruce de camiños

Capítulo 401

25/01/2016 15:45 h

A avogada Violeta Velasco falará con Carme sobre as verdadeiras intencións de Eva. Ademais, por fin lle vai facer a primeira visita na prisión a Ricardo para presentalle a súa estratexia de defensa, e tamén os seus encantos. Por outro lado, Olga será moi esixente no traballo con Montse, chegando a un nivel de despotismo nunca antes alcanzado. Sara vai trata de arranxar as cousas con Luís, seguindo o camiño da seducción e os consellos de Erea. Vitor agocha as súas novas ideas de negocio ante Feng, que cada día ten máis dúbidas sobre os seus contactos. Fina e Ánxela van ter un emotivo reencontro na volta a casa da segunda. E, finalmente, Xabier compartirá con Luís os seus pensamentos sobre o seu irmán Gonzalo e Erea.

Atopar capítulo por: