O Faro, cruce de camiños
Capítulo 399
21/01/2016 15:45 h
Luís ten un encontro con Gonzalo que o deixará sen palabras, xa que pensaba que morrera. Arturo mételle presión a Carme para que cambie a súa estratexia de defensa de Ricardo e a clave é unha guapa avogada chamada Violeta, que ademais e a curmá do propio Arturo. Eva comparte con Fina a súa dor pola situación de Ricardo. Por outro lado, Damián valora cambiar de traballo, xa que recibiu unha nova oferta. E, pola súa parte Iván, visita a Arturo e vaille desvelar de quen é fillo.