CRTVG

Buscar

O Faro, cruce de camiños

Capítulo 388

05/01/2016 15:45 h

 Eva e Ricardo afondan na súa reconciliación. Non obstante, a pesar de que el lle regalara unha xoia, Eva decide rexeitala. Ambos os dous están preocupados polas dificultades que Lucía presenta para que Ricardo poida ser un home libre.Pola súa parte, Erea e Luís continúan debatendo sobre a posible marcha de Sara: se ela asume participar no proxecto de cooperación, tería que sacrificar moitas cousas. O que está claro é que ningún deles quere que marche. Feng tratará de persuadir a Víctor para que lle conte os verdadeiros motivos de por que rompeu os seus planos de arquitectura. Ademais, Ricardo tamén segue preocupado polo aspecto e a actitude de Víctor e intentará levantarlle os ánimos.

Atopar capítulo por: