O Faro, cruce de camiños
Capítulo 369
07/12/2015 15:45 h
Xabier está completamente paranoico con respecto aos anónimos que recibe. Cando Maite, a súa secretaria, aparece na súa casa está a piques de golpeala crendo que é alguén que ven para atacalo. Eva segue coidando de Carme ao mesmo tempo que está sendo abducida por todo o que a envolve, a súa clase, as súas posesións, os seus costumes... Pouco a pouco Carme está conseguindo o que pretende: converter a Eva no seu monicreque.