A Revista Fin de Semana
O estrés no traballo, na lista de enfermidades da OMS
09/06/2019 13:15 h
Máis do 60% dos traballadores di sentirse estresado pola carga do seu traballo, un 27% pola relación cos seus xefes ou compañeiros, e máis do 25 ante o medo ao non estar á altura das espectativas. Con estes datos non é de estrañar o resultado que se tira dunha enquisa realiza pola OCU entre empregados de 25 a 64 anos. Di que un 27% deles estaba en risco de padecer burnout, é dicir a síndrome do queimado.
Moitos poden pensar que isto do estrés no traballo pode ser algo esaxerado ou que non inflúe na saúde. A todos eles, atendan ao que vén de decidir a OMS, que o inclúe na súa lista de enfermidades. Imos falar de todo isto con Carmen Patiño, psicóloga do traballo e de urxencias.