A Revista Fin de Semana
O espazo "A tribo" na Radio Galega dálle visibilidade á realidade da maternidade
30/06/2019 13:51 h
Voume sincerar con vostedes, a seguinte entrevista é unha das que me custou preparar, e non pola densidade ou a complexidade do tema a tratar, que domino bastante, xa verán agora por que, senón polas moitas implicacións que teño no asunto. Coa nosa convidada, comparto moitas cousas, profesionalmente, as dúas somos xornalistas, por vocación, e persoalmente compartimos a condición de nai, que, con pouco menos dun mes de diferenza, cambiounos radicalmente a vida.
Todos vostedes a coñecen, aínda que están afeitos a vela fóra deste estudio, contándonos todo o que acontece en Galicia. Pero hoxe témola aquí e non para falar de televisión, senón de radio e de maternidade.