A Revista Fin de Semana
O escritor Óscar Montoya preséntanos a súa segunda novela, "De otro lugar"
07/07/2019 13:15 h
Son moitas as persoas que aproveitan as vacacións para poñerse ao día con algúns dos libros que non pudieron ler durante o ano... así que se entre vostedes hai alguén que estea na procura dun libro para o verán anoten a nosa recomendación, De otro lugar, a segunda novela de Óscar Montoya, que nos leva a unha época convulsa da historia española, a dos anos 80, a da transición, a través dos ollos do inspector de policía Antonio Tojeira, algo particular, teño que dicir.