Os días de Suso
O enxeño de Suso / Operación dun can de caza / O tamaño sí que importa
19/06/2013 22:45 h
Coma cada mércores, volven á Televisión de Galicia “Os días de Suso”, programa en que os espectadores poden seguir o día a día dun veterinario no rural galego. Nesta nova aposta pola realidade máis próxima, séguense as aventuras cotiás dun home que traballa desde a mañá ata a noite para salvar a vida dos animais que o precisan.
“Os días de Suso” veñen hoxe cheos de enxeño. Os espectadores verán como, ás veces, Suso ten que mediar entre as forzas da natureza. Noutras ocasións, o seu traballo consiste en resolver ecuacións matemáticas, tendo sempre en conta o principio de que catro tetos dan máis ca tres. E o programa descubrirá tamén que para o veterinario, ás veces, o tamaño si importa.