A vide de Cachín
O enramado das vides
19/01/2016 22:00 h
O protagonista do programa, o adegueiro César Enríquez “Cachín”, ensinaralle ao seu amigo Vitiño como se realiza o enramado das vides, as trasfegas na adega e o filtrado do viño. Mentres isto ocorre, Tania, a nora de Cachín preparará para os traballadores da vide un rabo de touro.
Ademais, Vitiño visitará a adega de Roberto Verino, Terra do Gargalo, da Denominación de Orixe Monterrei, mentres que o sumiller Xoán Cannas daralles aos espectadores un consello sobre que facer coas botellas antigas e porá a proba, a través dunha cata a cegas, os coñecementos sobre os viños galegos do actor Manuel Manquiña. Finalmente, “A vide de Cachín” preguntará na rúa que sabe a xente da palabra bagazo.