CRTVG

Buscar

Os Mariachi

'O emparellamento' / 'A carioca'

11/12/2018 22:30 h

No primeiro episodio, que leva por título O Emparellamento, a prácida vida de Caldelas, unha vila termal da comarca do Ribeiro, vese alterada polos continuos enfrontamentos entre o respectable notario da localidade (Manuel Manquiña) e o patriarca do conflitivo clan dos Mariachi, Tino o taberneiro (Morris). A historia arranca cun acontecemento inesperado que desencadeará un sorprendente xiro na sempiterna disputa entre os dous inimigos.
A continuación, en A Carioca, a directora do lounge-bar do Gran Hotel-Balneario de Caldelas, Felisa “a Carioca” (Lucía Veiga), faille unha oferta pola taberna á súa curmá Lola (Patricia Vázquez). A oferta é tan xenerosa que a matriarca dos Mariachi vese sumida nun profundo dilema: aceptar a pequena fortuna que lle asegure a ela e a Tino unha tranquila xubilación ou rexeitar a oferta só por amolar a súa odiada curmá.

Atopar capítulo por: