A vide de Cachín
O embotellado
16/02/2016 22:00 h
Na entrega desta semana, Cachín ensinaralle a Vitiño todos os segredos do embotellado: como se prepara a adega e como se deixan as botellas listas para ir ao mercado.
Despois desta interesante lección, Vitiño faille unha visita ao seu amigo Rafael Palacios, de Valdeorras. Pola súa parte, Xoán Cannas aprenderalles aos espectadores cales son as copas axeitadas para cada viño e someterá a Domingo Villar, o escritor de “A praia dos afogados”, a unha divertida cata a cegas. Finalmente, a palabra do “Videcedario” será pipa.