Pazo de Familia
'O conto da criada e o señor'
19/12/2018 22:00 h
Á espera de coñecer como remata a historia de amor de Sara e Emilio, este especial recolle os mellores momentos destes dous personaxes. Desde que, acompañada por Cosme, Sara chegara a traballar á casa dos Pardo Veiga foron moitas as vivencias compartidas con Emilio.
O especial é o preludio do esperado peche da grande historia de amor de Pazo de familia, en que os espectadores da TVG terán moito que dicir. Por primeira vez, poderán escoller o final dun programa de ficción da canle pública.