A Revista Fin de Semana
O colexio público Monte dos Postes de Santiago cumpre o seu 40 aniversario
E imos agora de aniversario. O do colexio público santiagués Monte dos Postes, que cumpre corenta anos educando nenos e nenas. Unha boa ocasión para reflexionar sobre o que se deixou atrás en materia de ensino e os retos do futuro, que non son poucos.
Así eran as aulas do colexio público santiagués Monte dos Postes nos anos 80. Cadernos, bolis e xiz no encerado... E así son hoxe, entraron os ordenadores nas clases e a tecnoloxía modificou os hábitos de estudo. Dende que se inaugurou o colexio no ano 1979, hai corenta anos, foron moitas as cousas que cambiaron.
Ramón Irago, agora profesor xubilado, lembra con algo de nostalxia os inicios do colexio. Había escaseza de medios pero a ilusión e a implicación de todos era moi grande. E nesa grande aventura educativa, como di Ramón, xunto aos profesores estaban aí os pais e nais. O 50 % participa na ANPA, unha asociación moi numerosa e reivindicativa neste colexio.
Unha pasarela e un patio cuberto son prioridades en canto a instalacións pero os principais retos son educativos, un proxecto en que cobran peso as novas tecnoloxías. Unha exposición de fotos e outra de xogos de distintas épocas son alguhas das actividades que está a organizar o centro para celebrar os seus 40 anos, que non son poucos educando varias xeracións de composteláns. Así que, parabéns.