Momentos G
O colectivo Pontepatas critica o abandono e defende a adopción de animais
07/09/2019 13:41 h
O abandono de animais é unha realidade que, malia estar presente por desgraza durante todo o ano, si que sofre un aumento en épocas como esta do verán. Nunca está de máis insistir na responsabilidade que implica ter un animal de compañía e animar os que optan por facelo para que se decidan pola adopción. Se a isto lle unimos o camiño de Santiago, temos que falar de Pontepatas, unha asociación da que forma parte Lisi Fernández.