CRTVG

Buscar

O clan dos impostores

Novos desafíos para Teté Delgado, David Amor, Isi, María Chenlo e Maret

17/11/2012 22:30 h

O cantante Raúl presenta temas do seu último disco, ademais de incorporarse como xurado con Paula Carballeira e Xavier Picallo.

Teté Delgado visita o concello de Ribeira para desempeñar o traballo de butaneira. David Amor asiste a unha clase de ballet, onde dá cunha profesora moi estrita.

A Maret tócalle madrugar para embarcarse na pesca do congro. Vive unha xornada na illa de Ons pasándoo tan mal ata o punto de ter que volver a terra. Isi acompaña un repartidor de pensos e ten que cargar e descargar durante toda unha xornada sacos de penso duns 40 quilos.

Por último, María Chenlo pensa que vai de festa e acode coas súas mellores galas e tacóns para ir a Coristanco, onde a espera un terreo de 8 ferrados de patacas que terá que axudar a recoller.

Atopar capítulo por: