CRTVG

Buscar

O clan dos impostores

O clan dos impostores (20/10/2012)

20/10/2012 22:30 h

 Xacobe Pérez Paz, participante na primeira edición do programa, pasa de “impostor” a presentador .

 A cantante María Chenlo, o actor e humorista Isi, a actriz Teté Delgado, o monologuista David Amor e a cantante e presentadora Maret son os valentes que intentan librarse das súas fobias e medos nesta nova andaiana do programa.

 Maret, que acaba de chegar do “Luar”, é convidada a experimentar a sensación de tirarse dunha ponte. Isi é reclamado pola campioa nacional de boxeo para que viva un adestramento e a súa disciplina. O que non sabe o actor e que ten que subir ao ring e ter un combate real con ela.

 Teté Delgado acode á praia de Silgar, en Sanxenxo, disposta a pasar un día de relax cunhas amigas, sen sospeitar que será reclamada polo equipo de socorristas do areal para exercer os labores propios do oficio, ao estilo Pamela Anderson. David Amor enfróntase ao reto dun striptease integral e facendo un número con lume.

 Finalmente, María Chenlo, que pensaba que ía de festa, encontrarase de súpeto con que ten que axudar a montar a noria máis grande de España. O medo ás alturas da cantante, que nunca subiu a unha atracción de feira, queda patente desde o principio.

 O esforzo e o compromiso dos “impostores” nestes divertidos e sorprendentes retos e máis a súa actuación no número artístico ideado a partir da experiencia son avaliados por un xurado composto de novo pola escritora, contacontos e actriz Paula Carballeira e polo director e autor teatral Xavier Picallo, que están acompañados polo cantante Manu Tenorio como artista convidado.

Atopar capítulo por: