Sopa de festa
O capón de Vilalba
A edición de hoxe de “Sopa de Festa” dedicaralle o programa a outro produto moi galego e tamén propio destas datas: o capón de Vilalba. Un dos pratos cada vez máis presentes nas celebracións desta época e tamén cada vez máis apreciado pola alta restauración.
Para saber que particularidades ten esta raza, a súa alimentación e o proceso de cría, o equipo do programa achegouse ata Vilalba para falar con Oliva Souto, que desde hai anos dedícase á cría de capóns. Ela explicará todo sobre esta ave que, ademais cada vez, é máis demandada ao longo de todo o ano.
A nosa colaboradora Churra tamén se achegou ata o fermoso parador de Vilalba para cociñar un bo exemplar de capón. Xunto co seu xefe de cociña, Marcos Domínguez ofrecerá a receita e algúns dos segredos de cociña para preparalo.
E, para rematar, as cámaras de “Sopa de Festa” tamén visitaron a feira. Dous días antes de Noiteboa, a vila celebra a tradicional venta destas aves e congrega un bo número de compradores, tanto particulares coma profesionais de hostalería, para facerse cunha boa parella de capóns. Ademais da feira, o programa tamén acudiu ata varios establecementos para degustalo e para coñecer a opinión dos comensais.