Zigzag diario
"O canto do cuco", Os Resentidos, Inmaculate Fools e Radiohead
18/05/2016 21:00 h
No estudio de gravación estarán hoxe Uxía Senlle e Magín Blanco, que acaban de publicar un libro- disco infantil titulado “O canto do cuco”, un traballo que permitirá aos máis pequenos da casa gozar dos poemas e a música do autor homenaxeado neste día.
Ademais, o espazo da tvG2 presentará o novo traballo de “Os Resentidos”, que volven con moita forza aos escenarios. Pero sen esquecer as recomendacións de música para escoitar en directo, entre as que destaca a volta de Inmaculate Fools, este venres no Pazo da Cultura de Pontevedra.
E en todo especial de música do “ZigZag Diario” que se prece non pode faltar Moncho Lemos e a súa sección “Fondos Reservados”. Este mércores presenta o fenómeno do grupo británico Radiohead.