CRTVG

Buscar

Momentos G

O cambio climático déixanos fenómenos meteorolóxicos cada vez máis extremos

05/09/2021 14:20 h

O cambio climático estanos deixando fenómenos meteorolóxicos cada vez máis extremos; no mes de xullo foron as altas temperaturas, sen precedente, no Canadá e no norte dos EUA e agora é a vez das fortes chuvias que deixan importantes danos e perdas en moitos puntos de España.

Pero non só aquí; as inundacións tamén afectaron mortalmente a Alemaña ou Bélxica, e agora mesmo tamén a Nova York ou Nova Jersey.

Temos con nós a Juan Taboada, coordinador de MeteoGalicia.

Atopar capítulo por: