Por algo será!
O burro
Por que din que o burro foi o mellor amigo do labrego? Está a desaparecer do rural 5.000 anos despois de chegar a Galicia?
A reporteira Beatriz Campos comezará as súas pescudas en Filgueira de Barranca, en Cesures, onde coñecerá a Otilia, unha labrega que non imaxina a vida e o traballo sen a axuda da súa burra “Cuca”.
Na casa-museo do antropólogo Manuel Mandianes, na aldea ourensá de Loureses, a presentadora de “Por Algo Será!” descubrirá que burros e mulas revolucionaron o comercio e a historia da humanidade e coñecerá a importancia que durante séculos tiveron na casa tradicional galega, onde eran bautizados e soterrados xunto aos seus donos.
Por outro lado, no eido que a Asociación para a Recuperación do Burro Fariñeiro (Abufa) posúe en Brión, o seu presidente, o actor Xacobe Pérez, contará por que levan anos reivindicando o burro dos muíños como raza galega.