CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

O Barco de Valdeorras

16/09/2017 16:30 h

O programa “Aquí Galicia” asistirá hoxe en directo ás festas patronais en honra ao Santo Cristo no municipio do Barco de Valdeorras. Como cada sábado, o espazo contará con numerosas actuacións como a orquestra Bahía e José Costas, co seu éxito “Cómo baila Carmiña”; a Banda de Gaitas Abertal e a de Música do Barco de Valdeorras;  Plan Siberia, gañador do concurso “Este verán canta con nós”; e o grupo e o coro de baile tradicional Abertal.

Por outra parte, os reporteiros visitarán a zona histórica do Barco de Valdeorras, un dos máis senlleiros da comarca, e as xoias da zona como a Casa Grande de Viloria, a ruta das Covas do Castro, o mosteiro de Xagoaza e o miradoiro de Alixo. Tamén farán barranquismo no río Candís e irán vendimar na D.O. Valdeorras, unha das cinco que existen en Galicia. Ademais, non poderán perder o Descenso Internacional do Sil, proba de piragüismo que forma parte do calendario do Campionato Galego de Ríos.

E, por último, no apartado gastronómico, o equipo do programa probará algúns dos pratos máis tradicionais do Barco de Valdeorras, como a empanada de maravallas, a empanada de costrelas, o brazo de xitano e a bica.


 

 

Atopar capítulo por: