Momentos G
O acceso ao mercado laboral dos mozos e mozas, cada día máis difícil
19/06/2021 13:47 h
Temporalidade, precariedade, subemprego... non son noticia se nos referimos ao acceso e á situación dos máis novos no mercado de traballo, unha situación complicada xa desde a gran crise de 2008 que empeora ademais agora coa da covid-19.
O Consello Económico e Social de Galicia demanda intervencións "urxentes" para mellorar a "moi deteriorada", di, empregabilidade da mocidade na nosa comunidade. Yolanda Pena, do CES.