Zigzag diario
Ánxela Baltar, do grupo Bala, Linda Guilala, Ialma e Texas
22/02/2017 21:00 h
A roqueira Ánxela Baltar, do grupo Bala, visita o estudio de “ZigZag Diario” para presentar “Lume”, o novo disco do dúo que integra canda Violeta Mosquera. A súa música está a revolucionar o rock independente galego dende que publicaron o seu primeiro traballo en 2015, pero o seu eco chega tamén á escena internacional, polo que este ano xa teñen programados concertos no Xapón.
Ademais, os espectadores do programa cultural da tvG2 poderán ver o novo videoclip do grupo vigués Linda Guilala, “Abstinencia”, e coñecer a axenda de concertos das cantareiras Ialma, que fusionan ritmos tradicionais con melodías e arranxos en Bruxelas e que presentarán o seu disco “Camiño” en distintas localidades de Galicia.