Momentos G
Novo convenio para a hostalería galega, que salva o verán grazas ao turismo nacional
13/09/2021 13:47 h
Asinouse o novo convenio para a hostalería galega, que xa non vai depender da situación epidemiolóxica dos concellos á hora de limitar as ocupacións dos locais. O turismo nacional axuda a salvar a temporada de verán aos hoteis galegos. Queremos coñecer a impresión do sector hostaleiro e falamos con Manuela Hermo, directora do Gran Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela.