CRTVG

Buscar

Zigzag diario

"Noites de retranca", "Curtis & Teixeiro" e "Xurdefet"

15/01/2016 21:00 h

A obra cómica “Noites de Retranca” volve a Vigo e Pontevedra da man de Luís Zahera, Javier Varela e Pepo Suevos. Precisamente, Suevos vén hoxe a ser entrevistado no “ZigZag Diario” para presentar este espectáculo que interpretará hoxe este trío cómico no Teatro Afundación.
Outro dúo cómico que tamén está de actualidade é o conformado polos actores Federico Pérez e Xosé Touriñán, ambos os dous colaboradores en varias series e programas da TVG, que están a levar de xira pola nosa comunidade o seu novo espectáculo, “Curtis &Teixeiro”. No programa de hoxe, ambos os dous falarán das claves do humor deste espectáculo. 
E unha estrea estará presente hoxe no programa, xa que a compañía Berrobambán presenta un novo espectáculo infantil chamado “Xurdefet” (“Jour de fête” – “Día de festa”), unha peza para nenos e nenas a partir dos 6 anos. Unha ampla reportaxe neste espazo cultural da tvG2 dará a coñecer un pouco máis polo miúdo esta posta en escena. 

Atopar capítulo por: