CRTVG

Buscar

Especial

Noite de San Xoán (Santiago, A Estrada, A Coruña, Nigrán e Porto)

24/06/2015 22:30 h

A TVG ofrecerá un programa especial co gallo das celebracións da noite de San Xoán. Neste espazo mostraranse as celebracións que se fan en diferentes puntos de Galicia e Portugal nesta “noite meiga”. 

Comezarase por Santiago de Compostela, onde a reporteira María Carballeira estará na cidade vella amosando as cacharelas, onde se asan as sardiñas que logo poderán degustar os veciños da capital galega. A María seguiralle Nuria Castro dende a parroquia de Barres, no concello pontevedrés da Estrada. Alí a festa transcorre dentro dunha carballeira. 

Por outra banda, o reporteiro Diego Rodríguez estará en Portugal, máis concretamente na cidade de Porto, que celebra as festas grandes do seu patrón São João. Na vila lusa centos de persoas acoden á beira do río Douro para gozar dun espectáculo de fogos de artificio. 

Tampouco hai que esquecer os grandes festexos da cidade da Coruña, recoñecidos de Interese Turístico Internacional. Ata alí trasladarase Paula Señarís, que achegará as queimas das cacharelas nas praias de Riazor e Orzán. 

Cara ás Rías Baixas irá Fátima Mella, concretamente á praia de Panxón, lugar ao que acode xente procedente de Vigo e A Guarda e un dos puntos clave da noite de San Xoán. 

Atopar capítulo por: