Momentos G
Noelia Rey recolleu o Premio CIRCOM 2022 ao Mellor Talento Novo en Pantalla
27/05/2022 11:02 h
A xornalista e presentadora da TVG Noelia Rey foi recoñecida o pasado mes de abril nos Premios Circom Regional 2022 co galardón ao Novo Talento en Pantalla en 2022. Noelia Rey (Ourense, 1995) presenta o espazo de actualidade en clave de humor ‘Malicia noticias’, que se emite na franxa do prime time da TVG. Anteriormente formou parte dos equipos dos espazos da Galega ‘Aquí Galicia’, ‘Adiviña quen vén esa tarde’ ou do concurso-karaoke do verán ‘Cantas ou non?’. Foi tamén unha das caras coñecidas da TVG elixidas para presentar o programa especial dar badaladas de Noitevella, en decembro pasado.