O explorador
Programa 4: No camiño privilexiado
O programa revive a historia do Couto Mixto. “O Explorador” retrocede sete séculos para descubrir o misterio da Andorra galega medieval, que acuñou no comercio libre, e despois no clandestino, un xeito de entender a vida.
Nos tempos en que España e Portugal dominaban o mundo, tres pequenas vilas chantadas no sur da provincia de Ourense, Santiago, Meaus e Rubiás dos Mixtos, constituíron un territorio independente e gozaron de privilexios e leis propias que converteron os seus habitantes en homes e mulleres libres. Comerciaban con todo tipo de mercadorías a través dun camiño privilexiado, onde ningunha autoridade lusa ou española podía entrar. Así, a república autónoma do Couto Mixto sobreviviu durante séculos no medio de dous imperios.
Sergio Zearreta busca a arca perdida do Couto Mixto e intenta saber que segredo garda. “O Explorador” trata de localizar os documentos históricos que corroboren as fabulosas historias que se contan deste territorio situado na fronteira de Ourense con Portugal. Quedan documentos que proben a súa existencia ou o Couto Mixto só perdurou na tradición oral?