Zigzag diario
Nico Casal, “Miss Ledyia”, “Cien años de Perdón” e “Saucer Like”
Nico Casal é o compositor da música de “Stutterer”, que gañou en Hollywood o Óscar á mellor curtametraxe . Zigzag fai un repaso á traxectoria deste músico compostelán.
A celebración continua co aniversario da película “Miss Ledyia”, de José Gil. Considerada coma o primeiro filme de ficción galego, esta cinta celebra o seu 100 aniversario tamén dentro deste espazo cultural da tvG2.
Outra das caras do cinema galego e nacional que aoarece no programa é a de Luís Tosar, un actor que non para de traballar. Nesta ocasión, o programa falou con el sobre a estrea esta semana do último filme en que traballa, “Cien años de Perdón”, dirixida por Daniel Calparsoro.
Na sección de convidados, o programa presentado por Pilar G. Rego conta coa presenza no estudio de José Garnelo, autor do videoxogo “Saucer Like”, unha aventura gráfica point and click feita á man.