CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Ángel Rueda, director S8/ A rodaxe de "Eco" (Xacio Baños)“ / Bárbara Lennie ("María y los demás”)

28/05/2015 20:30 h

   Entrevista ao director da  Mostra de Cinema Periférico (S8) da Coruña, Ángel Rueda. O certame, que se celebrará a semana que vén, naceu coa idea de darlle visibilidade a un tipo de cinema máis vangardista e experimental, onde teñen un gran protagonismo formatos xa case en desuso como o Súper 8 ou os 16 mm. Nesta ocasión, a mostra contará con Brasil como país convidado e recibirá a visita de o cineasta neoiorquino Ken Jacobs e a pianista Eunice Martins.

   Dentro da sección “Sinais” do S8, o cineasta galego Xacio Baño presentará unha selección dos seus traballos máis recentes. “ZigZag Diario” estivo na rodaxe de “Eco”, a súa última produción.

   Outra rodaxe en que entra o programa é a de “María (y los demás)”, a ópera prima da catalá Nely Reguera, que arrancou a semana pasada na Coruña. Zigzag conversa coa súa protagonista, Bárbara Lennie, gañadora do premio á mellor actriz na última edición dos Goya, quen fala do seu papel nesta comedia dramática, que conta co apoio da Televisión de Galicia.

Atopar capítulo por: