Documental
Negra sombra, o feísmo na Galicia de 2007
03/06/2021 23:25 h
Unha viaxe arredor do país, para amosar sinais estéticos dispares e contraditorios na súa arquitectura. Trátase de reflectir o ben ou mal chamado "feísmo", termo popularizado polos medios e os profesionais.
Un percorrido por Galicia a pé de rúa, mostrando as desfeitas de todo tipo, non só arquitectónicas, senón urbanísticas e ecolóxicas. Rupturas identitarias e de mal gusto xeneralizado. No documental denúnciase: estamos ante un movemento artístico "penoso", ante un crime contra a identidade, ante unha política especulativa continua e unha malversación sistemática dos recursos e de caprichos persoais en taxa.