CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Nastasia Zürcher, o Grupo Bala e Ana San Martín

30/09/2015 21:00 h

Entrevista a Nastasia Zürcher, unha cantante galego-suíza nacida na cidade de Xenebra. Cunha grande traxectoria dentro da música soul, pop-folk e fusion deep, atópase actualmente traballando e promovendo o seu primeiro disco en solitario que ten como sinxelo debut “Voar”. Esta cantante asegura ter influencias de Lauria Mvula, Alicia Keys, Verónica Ferreiro, Beyoncé ou Adele, entre outras. A artista vén ao “ZigZag Diario” para falar deste traballo, da súa traxectoria e de novos proxectos. 

O programa cultural da tvG2 ofrece unha reportaxe sobre o Grupo Bala, un dueto formado por dúas rapazas, “V” e “Anx” e que actualmente se atopan ofrecendo concertos por Lugo e Vigo. 

Coñecemos a cantante Ana San Martín, que actualmente está traballando nun proxecto persoal de caracter musical, proxecto que compaxina co seu traballo no musical catalán “Mar i Cell” de Dagoll Dagom. 

Moncho Lemos trae a música de Tom Jones. Este cantante máis que veterano presenta un novo disco o próximo 9 de outubro.

 

Atopar capítulo por: