Zigzag diario
“Narrativas Monumentais”, “Constelaciones de lo Intangible” e “Isidoro Brocos. Escultura e debuxo Colección Abanca”
A exposición “Narrativas Monumentais” do Museo de Arte Contemporánea da Coruña (MAC) trae unha mostra de obras de máis de 20 artistas que se moven no cambo da abstracción e do minimalismo.
No programa de hoxe falarase de tendencias e por iso visitará o CGAC, xa que alí o fotógrafo guatemalteco Luis González Palma ten exposto o seu traballo fotográfico “Constelaciones de lo Intangible”, unha mostra de fotografías que forman constelacións temáticas.
As tendencias levarán a este cultural da tvG2 a falar da escultura de Isidoro Brocos titulada “Isidoro Brocos. Escultura e debuxo Colección Abanca”. Esta mostra está nos seus últimos días na sede ferrolá e por iso no programa farán un repaso en que falarán deste grande expoñente da arte galega do último terzo do S.XIX.