CRTVG

Buscar

Musigalité

Caxade, Cró! e Miguel Costas

17/03/2016 00:30 h

Caxade, iniciativa de Alonso Caxade, é unha banda de indie-folk que arrancou como proxecto audiovisual a partires das videocreacións “Dança das moscas”, “Gente Pota” e “Sr. Xorda”, con Javier Antelo Seoane, Iria Pinheiro e Tania Ameneiro, e que acadou unha candidatura aos Premios Mestre Mateo e gañou o “Certame Música Xove”
Cró! xorde na ría de Vigo en 2007. Difíciles de catalogar a través das etiquetas convencionais da música, con espectaculares directos, apoiados por proxeccións audiovisuais, fan ante todo música instrumental, con influencias do jazz, a música clásica e o rock. 
Por último, Miguel Costas, clásico do punk-rock galego, foi vocalista e guitarrista de bandas como Siniestro Total, Aerolíneas Federales e Los Feliz, grupos cos que chegou a gravar ata 22 discos. Hoxe en día é o vocalista e guitarrista da banda Costas, que foi cambiando de compoñentes nos últimos anos. Con esta formación toca novos temas e os seus clásicos de sempre.

Atopar capítulo por: